POEMA DANZA DA LUA EN SANTIAGO - Federico García Lorca

¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo! É a lúa que baila
na Quintana dos mortos. Fita seu corpo transido,
negro de somas e lobos. Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos. ¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono? ¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos! ¿Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos? É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos. Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro. Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos. ¡Ai filla, co ár do céo
vólvome branca de pronto! Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos. ¿Quén brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico? Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos. íSi, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!
compartir en facebook compartir en google+ compartir en twitter

Poemas mas leidos



DiarioInca.com
© 2007 - 2017
Hecho en Peru