POEMA MADRIGAL A CIBDA DE SANTIAGO - Federico García Lorca

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol. Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa. Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar. Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
compartir en facebook compartir en google+ compartir en twitter

Poemas mas leidos



DiarioInca.com
© 2007 - 2017
Hecho en Peru